O Observatorio Audiovisual Galego é un servizo da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Presidencia da Xunta de Galicia, que ten a finalidade de proporcionar unha información permanentemente actualizada sobre o sector audiovisual, dirixida aos axentes implicados neste sector, tanto empresas como institucións.
En referencia ao sector audiovisual na comunidade galega, nos últimos anos leváronse a cabo importantes avances en materia de información.
O Observatorio ten como elemento central o catálogo que recolle os principais indicadores estatísticos do sector e do mercado, contextualizando as observacións propias coas medicións e variables doutros observatorios tanto de carácter nacional como internacional.
Además, incorpórase información sobre a estructura sectorial, con seccións destinadas ás institucións e as empresas existentes, facilitando ó acceso á base de datos do Rexistro de Empresas do Audiovisual.
Distribución por concellos das empresas produtoras de contidos audiovisuais en Galicia. 2006. (Mapa)
Resultado das empresas do audiovisual galego de acordo a catro categorías de actividade. 1995-2006.
Resultado das empresas do audiovisual galego segundo actividade desenvolvida. 1995-2006.
25/06/2009 A publicidade en Galicia. 2008.
09/06/2009 As salas de exhibición en Galicia.
27/05/2009 A produción de cine 2.

